lunes, 22 de abril de 2013

PLAN RE-COMERCIA 2013

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE núm. L379/5, do 28 de decembro de 2006).
3. Considéranse actuacións subvencionables dentro desta liña de axudas as recollidas no punto 3.1 (proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos e os proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e rexeneración das prazas de abastos) sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2013 e a data límite de xustificación establecida no artigo 17.
En función da súa especial natureza e por ter unha continuidade ininterrompida, tamén se considerarán actuacións subvencionables aquelas actuacións realizadas a partir do 24 de novembro de 2012 ata o 31 de decembro de 2012.
Prazo de solicitude: ata o 22 de maio.