martes, 30 de abril de 2013

2 BOLSAS FORMATIVAS PARA LICENCIADOS EN XORNALISMO OU COMUNICACION AUDIOVISUAL

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO DE CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE DUAS BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS NA ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA, DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO (2013 – 2014)

Obxecto: O obxecto da presente convocatoria é conceder, en réxime de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia e concorrencia competitiva, unha axuda para licenciados/as en xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual de calquera universidade española, que desexen ampliar a súa formación práctica na Área de Emprego, Economía Sostible e Demografía, nalgunha das materias que son da competencia da Deputación Provincial de Lugo.
 Presentación das solicitudes e prazo: A solicitude, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme ao modelo oficial que figura nos anexos I e III, dirixíndoa ao Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa, preferentemente no Rexistro Xeral da Deputación ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro e a Lei 4/99 de modificación da anterior, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no prazo de oito días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP. As solicitudes presentadas fóra de prazo, en ningún caso, serán admitidas para participar na convocatoria.

lunes, 29 de abril de 2013

AXUDAS PARA A CREACIÓN DE MICROEMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

ORDE do 23 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2013.

Obxecto:  Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva.
Investimentos subvencionables: Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos e plans de mellora de xestión empresarial. Os plans só se poderán subvencionar xunto con investimentos materiais. Os investimentos que se van subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención.
Prazo de solicitude: ata o 29 de maio.

AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DA MAQUINARIA EN REXIME ASOCIATIVO


Obxecto:A presente orde ten por obxecto establecer as bases das axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia e convocalas para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva. As bases reguladoras publicaranse na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural (http://mediorural.xunta.es/).
Finalidade:Os fins que se pretenden acadar coa presente orde son os seguintes:
1) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
2) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
3) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde:
1) As cooperativas agrarias que teñen como obxecto social prioritario a adquisición e  a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola, en diante CUMA, sociedades agrarias de transformación, en diante SAT, que teñen como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola segundo o artigo 9 da Lei 5/1998, do 18 de decembro (DOG nº 251, do 30 de decembro) de cooperativas de Galicia, así como outras agrupacións con personalidade xurídica propia, e soamente para investimentos directamente relacionados coa súa actividade: as comunidades de regantes, asociacións de viticultores en terreos con pendentes superiores ao 15 % e asociacións de faba e castaña
2) O resto das cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario para prestaren servizos aos seus socios.
3) As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT procedentes da fusión de, ao menos, dúas explotacións, nos 5 anos posteriores á súa constitución.
Prazo de solicitude: ata o 29 de maio

PROGRAMA GALEUROPA


Obxecto: establecer as bases para regular a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a mozos e mozas galegos para estadías de prácticas formativas non remuneradas que se realizarán en empresas de calquera Estado membro da Unión Europea, agás España, e proceder á súa convocatoria. As estadías para as prácticas laborais desenvolveranse preferentemente na República Checa, Italia, Irlanda, Polonia, Holanda e Francia.
2. As estadías teñen como finalidade apoiar as persoas participantes en actividades de formación para adquirir os coñecementos, as competencias e as cualificacións que complementen  desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento e a súa transferencia entre os países participantes ao mesmo tempo que perfeccionan as habilidades lingüísticas no idioma estranxeiro.
Destinatarios/as:  Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia e, ademais, os seguintes:
a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.
d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
e) Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.
Serán excluídos/as os/as solicitantes que se atopen nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A contía da axuda ascenderá a 2.400 euros por participante por un período máximo de 8 semanas.
Prazo de Solicitude: ata 29 de maio.

CORRECIÓN DE ERROS AXUDAS A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

viernes, 26 de abril de 2013

BANDO

BANDO

D. JESUS MANUEL NÚÑEZ DÍAZ, Alcalde-Presidente do Concello de AS NOGAIS (Lugo),

F A G O     S A B E R:

Que se atopan ó cobro os recibos correspondentes ó Padrón do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2013.
O pago dos recibos, que non estean domiciliados, será dende o día 1 de Maio ata o 30 de Xuño, ambos inclusive,en periodo voluntario, quedando incursos nos recargos e costas correspondentes, todos aqueles que non efectúan o pago no prazo establecido.



Dado en as Nogais a 26 de abril de 2013
O ALCALDE

PROGRAMA CHEQUE INFANTIL

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Obxecto: Esta orde ten por obxecto a regulación do proceso de concesión de axudas económicas e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención de nenas/os de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos.
Tipo de axuda: A axuda convocada consiste nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, ás persoas solicitantes con nenas/os entre 0 e 3 anos a cargo, por un período máximo de 11 meses. A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar.
Persoas beneficiarias: Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
1.1. Renovación de praza.
1.2. Novas solicitudes.
Prazo de solicitude: ata 26 de maio

PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL ÁS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR


 
Obxecto: aprobar as bases, que se inclúen como anexo, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración, en réxime de concorrencia competitiva, aos programas de apoio infraestrutural para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e restauración do seu patrimonio e para a mellora de dotacións e equipamentos, en favor das comunidades galegas no exterior.Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas subvencións para o ano 2013.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade, de conformidade coa Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, ou a súa condición de centro colaborador, mediante resolución aprobatoria ditada pola Secretaría Xeral da Emigración ao abeiro da disposición adicional única do Decreto 195/1991, do 30 de maio, polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas.
Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades que teñan adoptado o acordo de iniciar un proceso de unión, en tanto o devandito proceso non estea finalizado.
Prazo de solicitude: ata o 26 de maio.

jueves, 25 de abril de 2013

BOLSAS DE FORMACION DA EGAP

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Obxecto: Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa de formación na área de documentación e biblioteconomía mediante colaboración titorizada na xestión de fondos documentais e bibliográficos da EGAP.
A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Requisitos dos solicitantes: Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan o seguinte requisito no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
– Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e acreditadas algunha das seguintes titulacións universitarias: diplomatura en Biblioteconomía e Documentación ou licenciatura en Biblioteconomía ou Documentación.
Prazo de solicitude: ata 25 de maio.

Obxecto: Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa destinada a formar especialistas en aspectos técnicos relativos ao ámbito da teleformación, tales como sistemas informáticos e telemáticos, desenvolvementos, bases de datos e contornos de desenvolvemento cliente/servidor, dentro das tarefas de formación que ten encomendada a EGAP.
As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Requisitos dos solicitantes: Poderán solicitar estas bolsas todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan os seguintes requisitos no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
– Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e acreditada algunha titulación en FP de ciclo superior ou FP II, en calquera especialidade relacionada coa informática (informática de sistemas, desenvolvemento de aplicacións informáticas, administración de sistemas informáticos, desenvolvemento de produtos electrónicos e informática de xestión).
Prazo de solicitude: ata 25 de maio.

martes, 23 de abril de 2013

AXUDAS Á IMPLANTACION DE SISTEMAS DE AUTOCONTROL NOS MERCADOS DE GANDO



Obxecto: establecer as bases reguladoras das axudas destinadas á implantación de sistemas de autocontrol nos mercados de gando da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva mediante o sistema de rateo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2013.
Beneficiarios: as persoas xurídicas, públicas ou privadas, que sexan titulares dun mercado de gando, segundo o establecido na base de datos do Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras creada polo Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.
Prazo de solicitude: ata o 23 de maio.

lunes, 22 de abril de 2013

PLAN RE-COMERCIA 2013

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE núm. L379/5, do 28 de decembro de 2006).
3. Considéranse actuacións subvencionables dentro desta liña de axudas as recollidas no punto 3.1 (proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos e os proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e rexeneración das prazas de abastos) sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2013 e a data límite de xustificación establecida no artigo 17.
En función da súa especial natureza e por ter unha continuidade ininterrompida, tamén se considerarán actuacións subvencionables aquelas actuacións realizadas a partir do 24 de novembro de 2012 ata o 31 de decembro de 2012.
Prazo de solicitude: ata o 22 de maio.

viernes, 19 de abril de 2013

PROBAS DE AVALIACION DE COMPETENCIAS CLAVE


Obxecto: convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Competencias clave que se convocan: Convócanse probas nos dous niveis, 2 e 3 , nas seguintes competencias clave:
– Comunicación en lingua galega.
– Comunicación en lingua castelá.
– Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
– Competencia matemática.
– Competencias en ciencia.
– Competencia en tecnoloxía.
– Competencia dixital.
Prazo de solicitude: dende 20 de abril ata o 3 de maio de 2013.

DATA REALIZACION DAS PROBAS:
Probas Nivel 2:  22 de Xuño
Probas Nivle 3: 23 de Xuño

PROGRAMA INICIATIVA XOVE


Obxecto e finalidade: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que deberán rexer os
procedementos de concesión de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2013, e nos que as persoas mozas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas, e convocar estas axudas.
Para os efectos desta orde, considéranse áreas de atención prioritarias que se han desenvolver mediante as iniciativas xuvenís as seguintes:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade probar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de tempo de lecer.
c) Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.
d) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
e) Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, xestión e execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
2. A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Prazo de solicitude: ata o 18 de maio.

martes, 16 de abril de 2013

SUBVENCION A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2013 a proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

ObxectoEstas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia
non competitiva, para os proxectos de enerxías renovables executados en Galicia
que empreguen as tecnoloxías incluídas no anexo I (Normas por tecnoloxía aplicada)
Solicitudes de axudasA concesión da axuda farase por rigorosa orde de reserva de fondos, que se confirmará coa presentación da solicitude. Por esta razón terán que realizarse dúas actuacións diferenciadas: unha primeira de reserva de fondos e unha segunda de presentación da solicitude no rexistro correspondente.
O prazo máximo para a presentación das solicitudes rematará o día 7 de outubro de  2013.

CORRECIÓN DE ERROS

BASES REGULADORAS SEMINARIOS E OBRADOIROS EN COLABORACIÓN COAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para o desenvolvemento de seminarios de baile, música, obradoiros artesanais e cociña galega en colaboración coas entidades galegas do exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto regular as bases polas que se rexerá a colaboración, en réxime de concorrencia competitiva, entre a Secretaría Xeral da Emigración e as entidades galegas no exterior para a realización de seminarios de baile, música, actividades artesanais e cociña galega.
2. Así mesmo, por medio desta resolución, procédese á convocatoria destes seminarios no ano 2013.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16 de maio de 2013

CORRECCION DE ERROS

PROGRAMAS DE ACTUACION EN COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2013.

Obxecto1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo, polas  que se rexerá a concesión de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración, en réxime de concorrencia competitiva, a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior, nas áreas formativas, culturais e de xuventude, así como as que contribúan ao financiamento dos gastos de funcionamento das entidades.
2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as devanditas subvencións para o ano 2013.
Prazo de presentación das solicitudes: ata o 16 de maio

viernes, 12 de abril de 2013

MORATORIA DOS PRESTAMOS DE MELLORA E INCORPORACION DE MOZOS/AS Á ACTIVIDADE AGRARIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

ORDE do 3 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, e se convocan para o ano 2013.
 Obxecto1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2013 as axudas de minimis, en réxime de concorrencia non competitiva, establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para o pagamento do importe dos xuros que correspondan a un ano de carencia na amortización dos préstamos
vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, concedidos con base nas convocatorias desde o ano 2007 ata o ano 2011, ambos inclusive, da Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas paraa mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e ao abeiro do convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural e do Mar con entidades financeiras.
As ordes a que se fai referencia no parágrafo anterior son as seguintes:
– Convocatoria 2007: Orde do 10 de maio de 2007 (DOG nº 94, do 16 de maio).
– Convocatoria 2008: Orde do 15 de febreiro de 2008 (DOG nº 38, do 22 de febreiro).
– Convocatoria 2009: Orde do 17 de decembro de 2008 (DOG nº 248, do 23 de decembro).
– Convocatoria 2010: Orde do 31 de maio de 2010 (DOG nº 105, do 4 de xuño).
– Convocatoria 2011: Orde do 29 de decembro de 2010 (DOG nº 3, do 5 de xaneiro).
2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Prazo de presentación: ata o 12 de xuño de 2013.

SUBVENCIÓNS PARA CUBRIR A LIQUIDEZ DE EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto: establecer as bases reguladoras e convocar as axudas de minimis, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a axudar a cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras mediante a bonificación de xuros dos préstamos que subscriban os titulares de explotacións agrarias de acordo co especificado no artigo 3.
Contía da axuda: consistirá na bonificación de 3,30 puntos do tipo de xuro anual sobre o préstamo que o beneficiario subscriba coas entidades financeiras, e o xuro total máximo será do 5,50 %. Esta contía non poderá exceder 7.500 € durante un período de 3 anos, incluíndo o total de axudas de minimis percibidas polo beneficiario nese mesmo período.

CERTAME COOPERATIVISMO NO ENSINO


Finalidade:1. O Certame Cooperativismo no Ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e formación profesional de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
2. Os centros educativos que desexen participar neste certame organizarán actividades divulgativas e formativas e poderán dispor, para este fin, de apoios técnicos a través do programa Cooperamos, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.
3. No desenvolvemento das actividades deberanse potenciar e propiciar os valores e principios que inspiran o cooperativismo, tales como: a solidariedade, o espírito democrático,a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada.
4. Coa finalidade de impulsar a formación nos referidos valores e a súa aplicación práctica pode procurarse a realización de actividades cooperativas por grupos de alumnos.
5. Para incentivar a realización das actividades, establécense distintos premios a que poden optar os traballos realizados polos alumnos e profesores.
Modalidades:O alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia poderán presentar os traballos
para o fomento do cooperativismo nas seguintes modalidades:
a) Debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo, modalidade dirixida ao alumnado de infantil e primaria.
b) Actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado de educación secundaria obrigatoria.
c) Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado e profesorado dos centros de formación profesional.
Prazo Presentación: ata 15 de maio.

PREMIOS Á COOPERACIÓN

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Finalidade: Estes premios teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os cooperativistas, cooperativas e outras persoas e institucións veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.
Destinatarios: Poderán optar a estes premios as cooperativas e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.
Non poderán resultar premiadas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Modalidades: Os premios á cooperación convócanse baixo as seguintes modalidades:
– Premio aos Valores Cooperativos.
– Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo.
– Premio á Promoción do Cooperativismo.
Prazo de presentación: ata o 15 de maio.

CONCURSO DE INICIATIVAS COOPERATIVAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Finalidade: estimular e apoiar os axentes que interveñen nos procesos de xeración de proxectos empresariais, en especial nos proxectos ligados ao ámbito local, para que no seu labor de persoal técnico no asesoramento e impulso de proxectos  fomenten o cooperativismo como fórmula de desenvolvemento local en Galicia. Con este obxecto premiaranse os impulsores das mellores iniciativas de proxectos empresariais organizadas baixo a fórmula cooperativa. Os proxectos terán por obxecto o impulso e aproveitamento integral dos recursos locais no ámbito galego, de xeito que poidan incentivar o desenvolvemento local, en xeral, e o rural, en particular.
Participantes: Poderán participar neste concurso as persoas físicas pertencentes a colectivos tales  como axentes de desenvolvemento local, de extensión pesqueira, de extensión agraria, técnicos e técnicas de emprego, de grupos de acción local, das oficinas de fomento cooperativo e da Rede Eusumo, das asociacións de cooperativas, das consellerías do Medio Rural e do Mar, e de Traballo e Benestar, orientadores e orientadoras educativos e laborais, así como asesores e consultores de cooperativas. Así mesmo, o concurso estará aberto a todas as persoas físicas, maiores de idade e de calquera nacionalidade, impulsoras de proxectos empresariais cooperativos.
 Non poderán participar as persoas en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación: ata o 15 de maio.

jueves, 11 de abril de 2013

SUBVENCIÓNS E AXUDAS A RAZAS GANDEIRAS AUTÓCTONAS

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR


 Obxecto da orde:1. Esta orde ten por obxecto establecer o prazo de presentación de renovación do compromiso asumido polos beneficiarios da axuda establecida na Orde do 18 de abril de 2008 e destinada ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril), con efectos para o ano 2012.
2. Segundo o que establece o 2º parágrafo do artigo 6 da Orde do 18 de abril de 2008, cada beneficiario poderá percibir estas axudas, durante un período máximo de cinco exercicios anuais consecutivos, logo da presentación anual da renovación do compromiso, de conformidade co anexo.
3. Os solicitantes que presentaron a solicitude ao abeiro da Orde do 25 de setembro de 2012, finalmente deixada sen efecto, e que desexen que se teña en consideración para esta, deberán presentar unha declaración expresa pola que se ratifican na solicitude xa presentada con cargo a esta nova convocatoria.
Prazo de solicitude: ata o 11 de maio.


Obxecto da orde: 1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar destinadas ás organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento das razas autóctonas galegas.
2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural e do Mar.
3. Así mesmo, por medio desta orde convócase a devandita axuda para o ano 2013.
Beneficiarios : Poderán acollerse ás axudas descritas nesta orde as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas pola Comunidade Autónoma.
Prazo de solicitude: ata o 11 de maio.

miércoles, 10 de abril de 2013

AXUDAS 2013 A COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS


Obxecto: convocatoria das axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e sociedades laborais, en réxime de concorrencia competitiva, para o exercicio orzamentario de 2013.
A finalidade destas axudas é o fomento e consolidación das estruturas representativas do cooperativismo e a economía social, principalmente as asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, subvencionando parcialmente os seus gastos normais de funcionamento  e a realización de actividades de promoción do cooperativismo e a economía social, así como a realización de actividades de fomento do emprendemento realizadas en rede.
Prazo de Solicitude: ata o 10 de Maio de 2013.

martes, 9 de abril de 2013

OFERTA EMPREGO FUNDACION TIC

FUNDACION TIC


OBXECTO:  Convocar o procedemento para a selección de persoal laboral temporal , mediante o sistema
selectivo de oposición libre, para a súa participación na actuación “Promoción da Autonomía Persoal dos maiores da provincia”.

DENOMINACIÓNDEDICACIÓNTITULACIÓN
1Profesor/a de TallerTempo CompletoLicenciado ou grao en Psicoloxía
1Profesor/a de TallerTempo CompletoTécnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede ou Equivalentes
1Profesor/a de TallerTempo CompletoGrao en enxeñaría en deseño industrial e desenvolvemento de produto

CONVOCATORIA DE PROBAS XESTOR DE TRANSPORTE

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Primeiro. Os exercicios da primeira convocatoria do ano 2013 das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada terán lugar o 4 de maio de 2013, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n, San Lázaro, Santiago de Compostela).
Segundo. Os/as aspirantes que fosen admitidos/as para a realización das probas serán citados/as en chamamento único segundo a seguinte distribución:
a) Transporte interior e internacional de mercadorías: todos eles/as ás 9.00 horas.b) Transporte interior e internacional de viaxeiros: todos eles/as ás 16.00 horas.
Terceiro. Os/as aspirantes deberán presentarse provistos/as de DNI en vigor ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, tamén en vigor; a súa falta dará lugar á non-admisión do/da aspirante á realización das probas. Recoméndaselles igualmente aos/ás aspirantes que concorran provistos/as da copia da solicitude de admisión e da folla xustificativa do pagamento das taxas de exame.
Así mesmo, deberán dispor dun lapis do número 2 e de goma de borrar para realizar o exame, de xeito que se poida efectuar a súa corrección mediante mecanismos automatizados.
Poderán tamén levar máquinas calculadoras sen memoria RAM para realizar as operacións matemáticas que resulten necesarias.
Cuarto. Non se permitirá o acceso á sala onde se realizarán os exercicios con teléfonos móbiles.
Igualmente, tampouco se permitirá o acceso e a tenza de axendas ou outros dispositivos de carácter electrónico, agás o indicado no punto anterior respecto das máquinas calculadoras. Do mesmo xeito, queda prohibido o acceso con calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización das probas.
Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.