lunes, 25 de febrero de 2013

BOLSAS FORMATIVAS CULTURAIS

CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE UNHA BOLSA FORMATIVA EN MATERIA DE TEATRO CULTURAL, DE UNHA BOLSA FORMATIVA EN MATERIA DE XESTIÓN CULTURAL E DE UNHA BOLSA DE XESTIÓN CULTURAL, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL PARA ÁREA DE CULTURA, TURISMO, ENSINO, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTÓRICO 2013 – 2014.

Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria de tres bolsas formativas para colaborar nos programas formativos da Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización
Lingüística e Patrimonio Histórico :
* Unha bolsa formativa en materia de Xestión Cultural - ao fin de apoiar o deseño, posta en marcha e
mailo seguimento do Programa de Actividades Culturais para o ano 2013 – 2014.
Nas presentes bases e tamén nos anexos ( I , II e III) para a Bolsa en materia de Xestión Cultural detállanse os requisitos específicos (necesarios e obrigatorios) que deben reunir as persoas solicitantes.
* Unha bolsa de formación en materia de Teatro Cultural, ao fin de apoiar o deseño, a xestión e o
mantemento dos fondos de teatro da Deputación Provincial, a xestión dos cursos de arte dramática (coordinación co profesorado, apertura e peche de sala, seguimento das necesidades técnicas, seguimento da matrícula e alumnado, etc…), o seguimento cos medios de comunicación social, a xestión e seguimento dos traballos de impresión (dípticos, cartelaría relativa á actividade teatral que se despregue ao longo do ano), e en xeral a axuda na xestión do Proxecto Buxiganga e/ou calquera outra xestión - desta natureza - dentro do Programa de Actividades Culturais para o ano 2013 – 2014.
Nas presentes bases e tamén nos anexos (IV, V e VI) – para o caso da Bolsa de teatro Cultural - detállanse os requisitos específicos (necesarios e obrigatorios) que deben reunir as persoas solicitantes.
* Unha bolsa de formación en materia de Xestión Cultural, Normalización Lingüística e Comunicación Audiovisual, ao fin de prestar apoio ao deseño e a xestión do Programa Cultural da Área para o  ano 2013 - 2014, acadando como finalidade a de contribuir á promoción e á difusión do noso rico patrimonio cultural a través de fomento, o impulso, a divulgación e a conservación dos Bens Culturais: Proxecto Lugo Cinema, Proxecto Ben –Cho- Shey, colaborar na organización de xornadas sobre a cultura galega en Lugo, e cantos outros se estimen oportunos ao longo da vixencia da bolsa.
De igual xeito, nestas bases e tamén nos anexos (VII, VIII e IX) – para o caso da bolsa de Xestión Cultural, Normalización Lingüística e Comunicación Audiovisual- detállanse os requisitos específicos (necesarios e obrigatorios) que deben reunir as persoas solicitantes.