martes, 5 de febrero de 2013

APLICACION DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxeto: Regular os elementos e procedementos, así como a solicitude das axudas que se indican a continuación:
1.1. Os procedementos para a xestión de dereitos do Réxime do Pagamento Único (RPU) que comprende:
a)A comunicación da asignación de dereitos de axuda dos sectores que se desligan.
b)A solicitude de dereitos da reserva nacional.
c)As comunicacións de cesión de dereitos.
1.2. O procedemento para a solicitude, tramitación e concesión dos seguintes réximes de axuda comunitarios para o ano 2012:a)Pagamento único para os/as titulares de dereitos.
b)Réximes de axuda por gando vacún.
c)Axudas específicas aos/ás produtores/as por aplicación do artigo 68 do Regulamento (CE) 73/2009.
1.3. A aplicación en Galicia do sistema integrado de xestión e control.
2. As axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrarias seguintes:
2.1. A indemnización compensatoria de zonas de montaña e outras zonas con dificultades, distintas das de montaña.
2.2. As axudas agroambientais e axudas relativas ao benestar dos animais establecidas no marco do contrato de explotación sustentable (CES).
3. Tamén se establece en relación co Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) o tipo, prazo, lugar e procedemento para a presentación das alegacións e solicitudes de modificacións de certa información contida nel.
4. Así mesmo, de acordo co previsto no Real decreto 486/2009, do 3 de abril, polo que se establecen os requisitos legais e de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deben cumprir os/as agricultores/as que reciban pagamentos directos no marco da política agrícola común, os/as beneficiarios/as de determinadas axudas de desenvolvemento rural e os/as agricultores/as que reciban axudas en virtude dos programas de apoio á reestruturación e reconversión e á prima por arrinca de viñedo, establécense os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deberán cumprir os/as solicitantes das axudas con relación á condicionalidade, así como o sistema de control e aplicación de reducións e exclusións.
Beneficiarios: Agricultores/as con explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos: Para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia deberá encontrarse nunha das dúas situacións seguintes:
a) No caso de que o/a produtor/a presente unha solicitude de axuda baseada na superficie, cando a maior parte da superficie da explotación se atope nesta comunidade autónoma.
b) Nos demais casos, cando o maior número de animais se atope en Galicia.
Prazo de presentación: 1 de febreiro ao 30 de abril.