lunes, 20 de agosto de 2012

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL (PROGRAMA CONII)

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Obxecto:
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións realizadas desde o 1 de outubro de 2011 ata o 30 de setembro de 2012.
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo que realicen as entidades colaboradoras con aquelas persoas desempregadas que teñan a consideración de participantes activas nos programas de fomento da empregabilidade, sendo prioritarios os seguintes colectivos de traballadores
que sexan contratados con carácter indefinido:
a) Persoas desempregadas de longa duración.
b) Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego.
c) Persoas desempregadas perceptoras da RISGA.
d) Persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade.
e) Mozas e mozos desempregados sen cualificación.
f) Vítimas de violencia de xénero.
g) Persoas desempregadas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión social.
h) Mulleres desempregadas.
Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea
para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde e que acrediten a condición de entidade colaboradora segundo o establecido no artigo 2.
Prazo de presentación: desde o 15/08/2012 a 01/10/2012