CONSELLERIA DE PRESIDENCIA
Tipos de axuda e contías.1. As axudas destinadas ás beneficiarias do programa Emega consisten en achegas económicas en forma de prima destinadas a apoiar o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras, a promover a creación de emprego feminino, á adopción de novas formas de organización do traballo e a favorecer a conciliación da vida persoal e laboral. Para iso establécense as seguintes contías, segundo as liñas de actuación definidas na base anterior e o número de postos de traballo, por conta propia e allea, xerados:
1.1. Liña Emprende:1.1.a) Prima de 12.000 euros ás empresas que creen dous postos de traballo por conta propia ou un posto por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
1.1.b) Prima de 18.000 euros ás empresas que creen máis de dous postos de traballo por conta propia para mulleres.
1.1.c) Prima de 20.000 euros ás empresas que creen dous postos por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
1.1.d) Prima de 22.000 euros ás empresas que creen dous postos por conta propia e dous postos por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
1.2. Liña Innova:
1.2.a) Prima básica de 15.000 euros por empresa.
1.2.b) Prima de 18.000 euros ás empresas que, ademais do emprego obrigatorio fixado na base 3.ª, creen un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.
1.2.c) Prima de 22.000 euros ás empresas nas cales existan máis de dúas traballadoras autónomas e se cree, ademais do emprego obrigatorio, un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.
1.3. Liña Activa:
1.3.a) Prima de 6.000 euros ás empresarias autónomas.
1.3.b) Prima de 12.000 euros ás sociedades constituídas por dúas promotoras e ás empresarias autónomas, sempre que, neste último caso, se manteña ou, no seu defecto, se cree un posto de traballo con contrato indefinido para outra muller.
1.3.c) Prima de 18.000 euros ás empresas que manteñan ou creen máis de dous postos de traballo por conta propia para mulleres.
1.3.d) Prima de 20.000 euros ás empresas que manteñan ou creen dous postos por conta propia e un posto por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
1.3.e) Prima de 22.000 euros ás empresas que manteñan ou creen dous postos de traballo autónomo e dous postos por conta allea con contrato indefinido para mulleres.
1.4. Liña Concilia:1.4.a) Prima básica de 3.000 euros por empresa con promotoras con fillos/as menores de tres anos.
1.4.b) Prima de 5.000 euros por acordo ou convenio de conciliación.
1.4.c) Prima de 1.000 euros por contrato de teletraballo, para mulleres ou homes, co máximo de 5.000 euros.
2. Para as axudas desta convocatoria establécese o tope específico de 30.000 euros por empresa, incluídos os tipos de axuda da liña Concilia, tendo en conta que as liñas Emprende, Innova e Activa son incompatibles entre si e que dentro de cada liña só se pode ser beneficiaria dunha única prima, agás na liña Concilia, en que unha empresa pode beneficiarse da prima por nais emprendedoras e dunha das establecidas en función da existencia de persoal asalariado. Todo iso sempre que se respecten os topes xerais de axuda minimis.