viernes, 27 de abril de 2012

SUBVENCION PARA PERSOAS ADQUIRENTES, ADXUDICATARIAS OU PROMOTORAS INDIVIDUAIS PARA USO PROPIO DE VIVENDA

 
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
 

Beneficiarios
1.Poderán ser beneficiarias das devanditas subvencións aquelas persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral, ou adquirentes de vivendas usadas ou vivendas de prezo limitado acollidas ao sistema de financiamento para o primeiro acceso á vivenda en propiedade do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.
2. As circunstancias persoais do solicitante e da súa unidade familiar que serán tidas en conta para resolver sobre estas subvencións serán as acreditadas no expediente polo cal se outorgou o financiamento estatal así como as acreditadas pola documentación indicada no artigo 6º, punto 1, desta orde.
Para tal fin, para a tramitación destas solicitudes terase en conta a documentación xa presentada coa solicitude de financiamento estatal, sen que sexa preciso volver a presentala para a tramitación desta subvención.
 Requisitos

Para a concesión das subvencións é preciso que o solicitante formalizara o préstamo convido do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 entre o 6 de novembro de 2009 e a data de publicación desta orde, e ademais:
a) Cando se trate de promotor individual para uso propio de vivenda protexida, que conte coa cualificación definitiva da vivenda.
b) No caso de persoas adquirentes ou adxudicatarias, que conte coa escritura pública inscrita no rexistro da propiedade que acredite a transmisión da vivenda e na cal conste separadamente o prezo da vivenda e de cada un dos anexos se os tiver.
c) Que non obtivera con anterioridade as mesmas axudas que se convocan nesta orde.
d) Que na anterior convocatoria das axudas indicadas no punto anterior non se considerara que desistiu da súa solicitude salvo que fora por non achegar a escritura pública inscrita no Rexistro da Propiedade.
OUTROS ENLACES DE INTERESE: