miércoles, 25 de abril de 2012

AXUDAS Á APICULTURA

 
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional, e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:
a) Prestar información e asistencia técnica: asesoramento e formación de apicultores en ámbitos distintos da sanidade apícola, formación de persoal de centros de envasamento e de laboratorios de organizacións apícolas, técnicas apícolas, divulgación. Para esta liña a subvención será de ata o 50% dos gastos.
b) Loita contra a varroase, actividades inescusablemente ligadas a un programa sanitario supervisado por un veterinario responsable da súa correcta aplicación e funcionamento: asociacións de defensa sanitaria, custos de tratamentos químicos autorizados que non sexan subvencionados doutro xeito, métodos de loita biolóxica, mellora das condicións de tratamento das colmeas. Para esta liña a subvención será de ata o 50% dos gastos en produtos, outros materiais e asistencia técnica relacionada coa sanidade apícola, e de ata o 30% do custo da contratación dun veterinario, ou de ata o 80% no suposto de que a contratación sexa en exclusividade, cunha limitación de 25.000 € para subvención deste contrato.
c) Racionalizar a transhumancia: identificación das colmeas e dos marcos, investimentos en equipamentos de uso exclusivo para manipulación de colmeas, divulgación de boas prácticas de transhumancia, acondicionamento de espazos para facilitar a transhumancia. Con cargo a esta liña, aboarase a subvención do seguro de responsabilidade civil, tanto para colmeas estantes como para as transhumancias. Para esta liña a subvención será de ata o 50% dos gastos, agás a identificación das colmeas na que a subvención será de ata o 70%.
En relación co establecido neste artigo, a subvención concedida a cada explotación apícola por liña de actuación, con cargo a esta orde de axudas, non poderá superar a cantidade de 25.000 euros no caso de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, ou de 60.000 euros no caso de cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia, en canto existan outros titulares de explotacións que non obtivesen, por baixo do dito límite, a axuda solicitada e para a cal xustificasen o gasto.
A subvención máxima que se concederá calcularase multiplicando o número de colmeas situadas na Comunidade Autónoma incluídas no programa sanitario por 10 euros, sen superar o límite de 100.000 euros por solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 3.2.

Beneficiarios:
Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención das axudas estar inscrito no rexistro oficial apícola da comunidade autónoma polo menos con anterioridade ao primeiro de xaneiro do ano 2011. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas polo seu titular.
Requisitos:
a) Realizar ao menos un tratamento ao ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e se regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas.
b) Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
c) Ser titulares dunha explotación con mais de 75 colmeas, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.