lunes, 30 de abril de 2012

AXUDAS Á LIQUEDEZ A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS COMO CONSECUENCIA DA SECA

 
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
 ORDE do 23 de abril de 2012 pola que se regulan e convocan as subvencións para axudar a cubrir as necesidades de liquidez das explotacións agrarias como consecuencia da seca.
Tipo de axuda.1. As axudas establecidas nesta orde consistirán na bonificación de 3,25 puntos dos xuros dos préstamos que o beneficiario subscriba coas entidades financeiras colaboradoras, para que os solicitantes poidan dispor dunha cantidade máxima do 90 por cento da cantidade solicitada da axuda do réxime de pagamento único (RPU) recollida na Orde do 25 de xaneiro de 2012.
2. Estas axudas outorgaranse ao abeiro do disposto no Regulamento (CE) n.º 1535/2007, da Comisión, do 20 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis no sector da produción dos produtos agrícolas (DOUE L337/2007), quedando condicionadas polo establecido na normativa comunitaria sobre esta materia.
Contía da axuda. A contía da axuda consistirá na bonificación de 3,25 puntos do tipo de xuro anual sobre o préstamo que o beneficiario subscriba coas entidades financeiras, sendo o xuro total máximo do 6,25%. Esta contía non poderá exceder 7.500 € durante un período de 3 anos, incluíndo o total de axudas de minimis percibidas polo beneficiario nese mesmo período.
Beneficiarios:
Os titulares de explotacións agrarias
Requisitos:
a) Que teñan solicitada a axuda do réxime de pagamento único (RPU) recollida no capítulo II do título II da Orde do 25 de xaneiro de 2012 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2012 (DOG n.º 21, do 31 de xaneiro).
b) Que formalicen, como máis tarde o 30 de xuño de 2012, un préstamo con algunha das entidades colaboradoras acollidas ao correspondente convenio, por unha contía máxima equivalente ao 90 por cento da cantidade solicitada da axuda do réxime de pagamento único (RPU) recollida no capítulo II do título II da Orde do 25 de xaneiro de 2012. Esta cantidade poderase obter (descontando, de ser o caso, o importe da modulación) do documento de estimación de importes de axudas directas á agricultura e gandaría, que se obtén ao tramitar a solicitude unificada.
c) Que cumpran os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.