miércoles, 7 de septiembre de 2011

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


 Obxecto: Establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social que xestionen os centros do tipo expresado no artigo 3, letras a), b) e c) da Orde do 25 de xaneiro de 2008, pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, isto é: albergues, centros de acollida e inclusión e comedores sociais.
 Beneficiarios: Poderán solicitar as subvencións reguladas nesta orde as entidades de iniciativa social referidas no artigo anterior, sempre que se atopen debidamente inscritas con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro (DOG n.º 218, do 14 de novembro), e pola Orde do 5 de febreiro de 1996 (DOG n.º 35, do 19 de febreiro), que desenvolve o anterior, e cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Será requisito previo ao outorgamento das subvencións a obtención da autorización para o inicio de actividades, prevista no Decreto 143/2007, do 12 de maio (DOG n.º 147, do 31 de xullo), polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais.
3. No suposto de entidades que recibiran subvención da Xunta de Galicia para mantemento de centros ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2010 (DOG n.º 15, do 24 de xaneiro de 2011), será requisito previo para a concesión da subvención a presentación do balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o exercicio anterior, a que se refire o artigo 15.5 (anexo V).
4. As entidades que accedan a esta convocatoria deberán dedicarse con carácter preferente, en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións recollidas no artigo 1.
 Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata o 8 de outubro de 2011.