martes, 23 de agosto de 2011

AXUDAS PARA A MELLORA DA COMPETITIVIDADE DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS GALEGAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción.

Obxecto: Modificación das bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, aprobadas mediante a Orde do 23 de setembro de 2009 (DOG n.º 191, do 29 de setembro), e proceder á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o exercicio orzamentario de 2011.
 Beneficiarios:  Segundo o tipo de titular -persoa física, xurídica ou comunidade de bens- e as características da explotación, será a seguinte:
1. En todos os casos a persoa solicitante deberá:
a) Ser titular dunha explotación agraria que teña cantidade de referencia asignada  ao inicio da campaña láctea en vigor.
b) Presentar un plan de mellora da competitividade da súa explotación conforme o indicado no artigo 4º.
c) Presentar documento de compromiso de exercer a actividade agraria na produción de leite na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data da concesión da axuda, así como cumprir as normas aplicables exixibles.(Este compromiso será sometido a seguimento mediante a comprobación de se a explotación do beneficiario ten asignada cantidade de referencia na produción de leite nese período de tempo).

d) Acreditar a súa viabilidade económica na produción de leite de vaca, de acordo coa marxe neta establecida pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria para esta orientación produtiva, e tendo en conta que unha explotación é viable economicamente cando a súa renda unitaria de traballo non sexa inferior ao 20% da renda de referencia. Tamén se considerarán viables as explotacións clasificadas como prioritarias de conformidade co establecido no Decreto 253/2008, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
e) Xustificar estar ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non ten ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.
g) Non ter sido sancionado polo incumprimento da normativa relativa ao saneamento gandeiro, da normativa vixente en materia de calidade do leite cru nos tres anos anteriores á data de solicitude de axuda, e estando acollido a un programa de calidade do leite, non se detectasen incumprimentos sobre este nos controis realizados sobre o terreo que desen lugar á exclusión das axudas do pagamento adicional lácteo do ano anterior ao da convocatoria destas axudas.
h) Acreditar un volume de emprego de polo menos unha UTA, o cal se efectuará de acordo co establecido no artigo 13 do Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
i) Posuír a capacitación profesional suficiente, o cal se deberá acreditar de acordo co referido no artigo 17 do Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
2. As persoas físicas titulares, ademais do indicado no número 1, deberán ter dezaoito anos cumpridos e non ter cumpridos os sesenta e cinco. O requisito da idade xustificarase mediante copia cotexada do DNI.
3. As persoas xurídicas, ademais das sinaladas no número 1, deberán:
a) Ter como actividade principal a agraria, para o cal deberán presentar os estatutos ou documento de constitución e a declaración do imposto de sociedades do último exercicio. Así mesmo, a procedencia agraria dos ingresos comprobarase en función das marxes brutas da orientación produtiva e das actividades económicas da explotación.
4. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, ademais dos requisitos sinalados no número 1, deberá presentar:
a) Os estatutos da comunidade e a súa acta de constitución.
b) Acreditar, por parte de, polo menos, o 50% dos comuneiros ou das comuneiras, que reúnen os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, para o que presentarán toda a documentación especificada no número 2 deste artigo (persoa física titular de explotación).
5. Así mesmo, cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens ou sociedade civil poderá resultar beneficiaria da axuda, coa condición de que cumpra as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3º da Lei 9/2007, de 13 de xuño, da subvencións de Galicia, polo que deberán facer constar expresamente, segundo o modelo do anexo II desta orde, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberán nomear un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle correspondan á agrupación e non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 da citada lei, para o que deberán acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade polo período citado.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 23/09/2011

Enlaces Relacionados
Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, e se convocan para o ano 2009.

miércoles, 17 de agosto de 2011

XORNADA: “OBRADOIRO DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO PARA PERSOAS EMPRENDEDORAS”

 
OrganizaA Unión de Cooperativas de Traballo Asociado – UGACOTA promove este obradoiro no marco da programación de actividades do Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Lugo, dentro da REDE EuSumo.
ObxectoO obxecto desta actividade é achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo. Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas. Ao remate da formación proponse unha visita a unha  cooperativa coa intención de visualizar na práctica o aprendido.
DestinatariosEsta actividade diríxese a poboación en xeral, en especial ás persoas desempregadas e persoas interesadas en emprender un proxecto empresarial.
Temario
Módulo1.-  O Cooperativismo.
Módulo 2.- Que é unha cooperativa?
Módulo 3.- Creando a nosa cooperativa.
Módulo 4.- Visita a unha cooperativa.
Data/sDende 29 de agosto ao 2 de setembro do 2011.
HorarioDe 9:30 a 14:30 horas.
LugarCentro de Desenvolvemento Cooperativo de Lugo, Praza Fonte dos Ranchos, s/n, entreplanta (contiguo á oficina Caixa Rural Urbana 2), Lugo.
NotasO proxecto Rede EuSumo é promovido pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, O Consello Galego de Cooperativas e outras entidades de economía social e fomento do cooperativismo.
Esta actividade é gratuíta.
Máis información
Patane García Méndez – UGACOTA
Travesía de San José, 10, Entrp. A 15002 A Coruña
Tel.: 881 887 456 / 697 877 773 / e-mail: patane@ugacota.org

martes, 9 de agosto de 2011

AXUDAS EN ESPECIE AO SECTOR TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA


Obxecto: As axudas en especie obxecto desta convocatoria consisten na posta a disposición dos autónomos e pemes beneficiarios, da «Solución de Xestión de Frotas», e comprenderán os medios técnicos, os equipos informáticos e o software necesario para a implantación da solución, así como o asesoramento e a asistencia correspondente para proceder á devandita implantación, tal e como se describen na base sexta da presente convocatoria.
Beneficiarios: Para poder concorrer ao procedemento de concesión das axudas en especie deste Proxecto Demostrador, os solicitantes deberán ser autónomos e pemes que cumpran, e acrediten mediante documentación correspondente, todos e cada un dos seguintes requisitos específicos:
a) Dispoñer dun contrato de conexión a Internet de Banda Ancha, así como de dirección de correo electrónico, durante o período establecido no punto 2 da base novena.
b) Ter un equipo de entre 0 e 49 empregados.
c) Ter un volume de negocio anual ou un balance xeral anual que non exceda de 10 millóns de euros.
d) Desenvolver a súa actividade principal no sector de Transporte de mercadorías por estrada (CNAE 2009: 4942: Servizos de mudanza; 4941: Transporte de mercadorías por estrada).
e) Ter unha antigüidade mínima de dous (2) anos dende a súa constitución. O devandito prazo resulta imprescindible para medir obxectivamente a produtividade inicial consolidada da empresa e a produtividade final despois do Proxecto Demostrador.
f) Non estar incurso en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, Xeneral de Subvencións.
g) Non se tratar dunha empresa de natureza pública ou con conxunto de accionistas da devandita natureza.
h) Que o seu domicilio social estea establecido na Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Que a empresa conte cunha frota de entre 4 e 30 vehículos de transporte por estrada de mercadorías da súa propiedade, cun peso máximo admitido superior a 3,5
Os solicitantes deberán achegar a correspondente certificación de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 03/10/2011.