jueves, 28 de julio de 2011

SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (código de procedemento IN525A).
Obxecto: O obxectivo das subvencións reguladas nestas bases é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións. Trátase de impulsar a protección, non só das innovacións técnicas (invencións), senón tamén das innovacións de forma (deseños industriais) e de imaxe (signos distintivos).
Beneficiarios: Poderán acceder á condición de beneficiarios destas axudas as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que teñan o seu domicilio social ou algún centro produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os conceptos para os que solicitan a subvención teñan aplicación directa nestes centros produtivos.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 15  de Novembro de 2011.