viernes, 11 de febrero de 2011

LUGAR E DATA DE REALIZACIÓN DA ENTREVISTA DO PROCESO DE SELECCIÓN DO PLAN LUGO EMPREGA

CITACIÓN PARA A ENTREVISTA CURRICULAR DO PROCESO PARA A SELECCIÓN DE OPERARIOS DE SERVIZOS DIVERSOS NO CONCELLO DE AS NOGAIS, PARA A EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS AO AMPARO DO PLAN LUGO EMPREGA, FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO ( Bases publicadas no Boletín Oficial de Provincia de data 13 de xaneiro de 2011)

Cítase aos aspirantes que superaron a puntuación mínima de 10  puntos para que comparezan á realización da entrevista curricular


DÍA
HORA
LUGAR
MÉRCORES 16 de febreiro de 2011
17:30
SALÓN DE ACTOS
INSTITUTO DE BACHARELATO DE BECERREÁ
Rúa Castelao, s/n


A entrevista segundo a base 8.2 consistirá na contestación a preguntas formuladas polos membros do Tribunal ou das súas Comisións e consistirá en afondar sobre cuestións curriculares dos/as aspirantes coa finalidade de apreciar o grao de experiencia laboral en relación coas funcións á que optan, valorándose principalmente a aptitude e actitude para o emprego que se convoca. Non se formularán preguntas sobre aspectos persoais ou non relacionados con empregos que se convocan.

A entrevista valorarase ata un máximo de 8 puntos e é obrigatoria.

Pazo Provincial de Lugo, 10 de febreiro de 2011.

O SECRETARIO DO TRIBUNAL.- Faustino Martínez Fernández