viernes, 9 de diciembre de 2011

SUBVENCIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PRODUTORES NOS SECTORES OVINO E CAPRINO NO EXERCICIO 2012


Obxecto: Establecer as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva das subvencións destinadas ás agrupacións de produtores de ovino e caprino en 2012.
Beneficiarios:  As beneficiarias das subvencións serán as agrupacións de produtores no sector ovino e caprino (Agrupacións), constituídas con ánimo de lucro e que cumpran os requisitos establecidos neste real decreto, e cuxa personalidade xurídica como explotación asociativa sexa algunha das definidas no artigo 6 da Lei 19/1995, do 4 de xullo.
Estas agrupacións estarán compostas por produtores, cuxas explotacións estean rexistradas en REGA segundo establece o Real Decreto 479/2004, do 26 de marzo, situados nunha ou varias comunidades autónomas que representen, en conxunto, un censo adecuado ao obxecto da súa actividade cuxo valor mínimo se recolle no anexo I.
Prazo de presentación de solicitudes: As solicitudes de axudas poderán presentarse no prazo establecido na convocatoria de axudas de cada comunidade autónoma que como máximo será o 1 de xuño de 2012.

 

SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DAS RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS


Obxecto: Establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento das razas autóctonas españolas contidas no anexo I do Real Decreto 2129/2008, do 26 de decembro, polo que se establece o Programa nacional de conservación, mellora e fomento de razas gandeiras, destinadas ás organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas polas comunidades autónomas.
Beneficiarios: Organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas polas comunidades autónomas que cumpran os requisitos seguintes:
a) Carecer de ánimo de lucro.
b) Estar oficialmente recoñecida para a xestión do Libro ou Libros Xenealóxicos da raza ou razas autóctonas españolas, pola comunidade autónoma correspondente.
c) No caso de que existan varias asociacións recoñecidas para unha mesma raza, xa sexa na mesma comunidade autónoma ou en distintas comunidades autónomas, deberán estar integradas nunha única asociación de segundo grao, segundo establece o artigo 13.1 do Real Decreto 2129/2008, de 26 de decembro, polo que se establece o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras, para poder acceder a estas axudas, debendo ser a devandita asociación de segundo grao a solicitante das axudas.
Prazo de presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse na forma e lugar.

PLAN DE VEHÍCULOS EFICIENTES


Obxecto: 1. Establecer As bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas á modernización do parque de turismos e vehículos comerciais de menos de 3.500 kg de MMA e motocicletas, mediante a adquisición de vehículos de propulsión híbrida ou alimentados con gas natural, gases licuados do petróleo ou hidróxeno para aproveitar as vantaxes da maior eficiencia enerxética de vehículos novos que produzan menor impacto ambiental.
2. Regular a selección das entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
3. Convocar as estas axudas.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas e  as comunidades de bens .
As entidades colaboradoras do Plan de Vehículos Eficientes son as encargadas de tramitar a solicitude (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).
Prazo de presentación de solicitudes: Poderanse reservar os fondos a partir dos 9 días hábiles contados desde o seguinte á publicación no DOG do presente plan ata o 30 de xullo de 2012 ou ata que se esgote o crédito.

NORMAS BÁSICAS DE ORDENACIÓN DAS EXPLOTACIÓNS PORCINAS EXTENSIVAS

miércoles, 30 de noviembre de 2011

CONVOCATORIA DE RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

MODIFICACIÓN AXUDAS Á ADAPTACIÓN DAS EXPLOTACIÓNS DE GALIÑAS POÑEDORAS AO REAL DECRETO 3/2002

lunes, 28 de noviembre de 2011

MODIFICACIÓN SUBVENCIÓNS PARA O APOIO AO CRECEMENTO EMPRESARIAL


Enlaces relacionados

PLAN AVANZA 2

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO


Obxecto: Establecemento das bases reguladoras da concesión de axudas para proxectos e actuacións no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) e a sociedade da información no marco da Estratexia do Plan Avanza2.
1. O ámbito material da presente orde circunscríbese ás liñas instrumentais incluídas dentro da Estratexia 2011-2015 do Plan Avanza2, aprobada por Acordo do Consello de Ministros do 16 de xullo de 2010.
2. O ámbito material desta orde articúlase en torno ás seguintes áreas e programas:
a) Área temática de Fomento do Uso e Confianza en Internet:
1. º Programas «Uso de servizos dixitais (maiores, dependentes e ONGs)» e «TIC pola Igualdade»: Subprograma Avanza Ciudadanía Digital.
2. º Programa «Formación TIC Profesionais e Autónomos»: Subprograma Avanza Formación.
b) Área temática de Impulso da Industria TIC Española en Sectores Estratéxicos:
1. º Programa «Desenvolvemento Industria TIC Española»: Subprograma Avanza Competitividad I+D.
2. º Programa «TIC e Sostibilidade»: Subprograma Avanza TIC Verdes.
3. º Programa «Plan de Contidos Dixitais»: Subprograma Avanza Contenidos Digitales.
Beneficiarios:  Se sinalan para cada subprograma nos apartados correspondentes dos anexos I a V, de acordo coas definicións que figuran nos subapartados seguintes deste apartado oitavo.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día de inicio da eficacia da resolución de convocatoria e non poderá ser inferior a 20 días nin superior a 45. As datas de finalización do prazo de presentación de solicitudes para cada subprograma sinalaranse na convocatoria.

lunes, 21 de noviembre de 2011

MAPA DE DESTINOS TURÍSTICOS DE GALICIA "XEODESTINOS"

INVITACIÓN Á PRESENTACIÓN DO MAPA DE DESTINOS TURÍSTICOS DE GALICIA "XEODESTINOS"

OrganizaSecretaría Xeral para o Turismo.
ObxectoOfrecer unha visión xeral da norma ISO 9001:2008 que axude a instaurar ou a mellorar procesos de calidade dentro da empresa.
DestinatariosInteresados en xeral.
Data/sO 30 de novembro
HorarioÁs 10.15 h
LugarPazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
Inscrición: Rógase a confirmación de asistencia
Descargar: Invitación
Máis informaciónSecretaría Xeral para o Turismo.
Telf. 981 546 353
email: pilar.parcero.castro@xunta.es

jueves, 17 de noviembre de 2011

III PREMIO XOVEN EMPRESARIO DE LUGO


Organiza:Asociación Jóvenes Empresarios de Lugo-AJE LUGO
Obxecto:- Fomentar a cultura empresarial.
- Apoiar e estimular aos novos emprendedores.
- Promover o autoemprego e a creación de empresas entre a sociedade lucense.
- Ser foro de debate de ideas empresariais.
- Colaborar no desenvolvemento do noso contorno.
- Propiciar o intercambio de experiencias empresariais entre os  mozos empresarios.
Destinatarios:Mozos empresarios, menores de 40 anos, que teñan empresas domiciliadas na provincia de Lugo.
Criterios valorables:
Para levar a cabo a valoración das candidaturas teranse en conta especialmente os  criterios seguintes:
a)    Creación de emprego estable e de calidade.
b)    Carácter innovador do proxecto.
c)    Grao de proxección provincial, autonómica ou nacional da empresa.
d)    Investimentos e emprego de boas prácticas na xestión empresarial: especial referencia as áreas de Prevención de Riscos Laborais, Responsabilidade Social Corporativa, Conciliación Laboral e Familiar, respecto polo Medio  Ambiente, Políticas de Igualdade de Xénero etc.
e)    Evolución experimentada nos últimos anos (facturación, beneficios, etc.)
f)    Participación do empresario en máis empresas ou sociedades.
Prazo de inscricións:Ata o 29 de novembro de 2011.
Máis información e inscricións:Cumprimentando modelo de memoria a dispor dos candidatos na páxina web http://www.premiosajelugo.com/
Asociación Jóvenes Empresarios de Lugo-AJE LUGO
Rolda da Muralla 58, 6º andar, local 11
Tfn. 982 22 46 99
Fax. 982 22 46 85
info@ajelugo.com

PLAN RE-COMERCIA 2011

CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA


Obxecto: A incentivación da demanda comercial que facilite o desenvolvemento de estratexias para a mellora da distribución, loxística e promoción comercial, levada a cabo polas asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, a través de:
a) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de publicidade que responda a un plan de medios de comunicación preestablecido.
b) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de elaboración de material promocional como catálogos, folletos, carteis, bolsas ou similares.
c) Actuacións que teñan por finalidade a incentivación da demanda comercial e redunden nunha mellora da distribución e desenvolvemento da actividade comercial.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as asociacións de comerciantes sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e supere o municipal, e as federacións de asociacións de comerciantes, legalmente constituídas, que pretendan levar a cabo proxectos de interese e transcendencia no ámbito comercial.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata ou 18 de decembro de 2011.

jueves, 6 de octubre de 2011

BOLSAS DE FORMACIÓN NO PARLAMENTO DE GALICIA

PARLAMENTO DE GALICIA
A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión de 20 de setembro de 2011, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas, relacionadas todas coa actividade da institución:
– 5 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
– 1 bolsa de formación en comunicación institucional.
– 1 bolsa de formación en publicacións.
– 2 bolsas de formación en informática.
– 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
As bases están dispoñibles no BOPG n.º 546, do 26 de setembro de 2011, e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.es).
As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte (20) días naturais desde o seguin­te ao desta publicación.

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

ENLACES RELACIONADOS:

FORMACIÓN E DIVULGACIÓN DO COOPERATIVISMO

XORNADA: “ACCIÓNS DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN DO COOPERATIVISMO MEDIANTE A PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN “
 
Organiza

A Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, pon en marcha novas edicións dos cursos de formación e divulgación do cooperativismo a través da plataforma de teleformación do Consello Galego de Cooperativas. As accións formativas desenvolveranse de outubro de 2011 a xuño de 2012 e son totalmente gratuítas.
Obxecto
O obxectivo principal destas accións formativas é achegar, mediante as tecnoloxías da información e a comunicación, unha formación empresarial cooperativa de calidade, actualizada e interactiva, que versará sobre distintas temáticas: divulgación cooperativa, habilidades sociais, igualdade de oportunidades, responsabilidade social, así como ferramentas de xestión empresarial adaptadas ó eido cooperativo.
Destinatario
As accións formativas diríxense prioritariamente ás persoas socias e/ou traballadoras de cooperativas pero tamén a calquera persoa interesada nesta formación.
Cursos
-Dez edicións do curso Formación cooperativa básica, de 30 horas de duración.
-Cinco edicións do curso Formación cooperativa en xestión e dirección, de 50 horas de duración.
-Dez edicións do curso Habilidades sociais básicas en cooperativas, de 30 horas de duración.
-Cinco edicións do curso Habilidades sociais en cooperativas: nivel avanzado, de 50 horas de duración.
-Dez edicións do curso Marketing/comercialización de produtos/servizos, de 15 horas de duración.
-Dez edicións do curso Responsabilidade social das cooperativas, de 15 horas de duración.
-Dez edicións do curso Planeamento estratéxico, de 15 horas de duración.
-Dez edicións do curso Muller, cooperativismo e igualdade de xénero, de 15 horas de duración.
 Datas
De outubro de 2011 a xuño de 2012
Lugar
As persoas interesadas en participar nos cursos poden formalizar a inscrición en http://www.teleformacioncooperativa.com/, ou ben a través do Consello Galego de Cooperativas, na web http://www.cooperativasdegalicia.com/ e no teléfono
881 999 268.
Máis información
Tlf: 881 999 268
http://www.teleformacioncooperativa.com/

miércoles, 5 de octubre de 2011

XII CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (Ano 2011)

Organiza
Universidade de Santiago de Compostela
Obxecto
O “XII Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC” ten por obxecto premiar a aqueles emprendedores e emprendedoras que presenten proxectos de empresa innovadores.
Destinatario
O concurso vai dirixido a toda a comunidade universitaria (estudantes, titulados e tituladas, doutorandos e doutorandas, PAS, etc.) de calquera das universidades galegas.
Datas
O prazo de presentación vai desde o día 1 de outubro ata o 30 de novembro de 2011 ás 14.00 horas.
Notas
Outorgaranse os seguintes premios:
PREMIOS BASE TECNOLÓXICA:-       Primeiro premio: 5.000 euros + ata 24.000 € de financiamento      mediante préstamo  participativo
-       Segundo premio: 3.000 euros
PREMIOS EMPRESA XOVE: -       Primeiro premio: 2.500 euros
-       Segundo premio: 1.500 euros
PREMIO MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros
Máis información
UNIEMPRENDETel. 881 815559 (Santiago de Compostela)
Tel. 982 822860 (Lugo)
uniemprende@usc.es 
http://www.uniemprende.es/

martes, 4 de octubre de 2011

PROGRAMA BIC I-TEAMS

 Organiza
BIC Galicia
Obxecto
BIC I-TEAMS é un Programa especificamente deseñado para axudar a innovar ás empresas de recente creación, mediante a definición dunha carteira de proxectos de innovación e a concreción dun proxecto específico, en forma dunha nova proposta de produto ou servizo innovador.
Trátase de introducir a cultura innovadora no ADN das iniciativas dos emprendedores galegos, por medio da conxugación da estratexia de innovación coas demandas reais dos mercados de novos servizos e produtos que cubran as necesidades actuais, ensinando ás empresas a aportar valor e a asumir riscos controlados, ofrecéndolles formación práctica en metodoloxías e asesoramento experto.
Destinatario
As pymes galegas e posibles emprendedores. que busquen a re-definición ou a mellora da oferta de produtos ou servizos das súas empresas para adaptala ás esixencias do mercadoe teñen que cumprir  os seguintes requisitos:
É de recente creación: ten menos de 48 meses.
É de base tecnolóxica ou de coñecemento.
Coa combinación dun enfoque de formación práctica co asesoramento externo, pódense xerar resultados en forma dunha nova carteira de proxectos, e un proxecto específico de innovación, nun período de tempo reducido (menor de 3 meses).
Datas
4 de outubro LUGO
10 de outubro SANTIAGO
11 de outubro OURENSE
13 de outubro VIGO
Horario
De 11:00 a 13:30 horas
Máis información
 BIC I-TEAMS
Tlf: 981 546 813 - Fax: 981 546 832 –
E-mail:
iteams@bicgalicia.es

jueves, 29 de septiembre de 2011

BOLSA DE FORMACIÓN NO INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA (IGE)

Obxecto: convocatoria dunha bolsa de formación na área de estatística pública no Instituto Galego de Estatística.
Beneficiarios: Persoas con grao ou titulación equivalente en matemáticas (con orientación currricular en estatística e investigación operativa) ou en economía.
Prazo de presentación: ata o 26 de outubro de 2011.

Máis información no Dog do 26 de setembro de 2011

jueves, 22 de septiembre de 2011

AMPLIACIÓN PLAN RENOVE EQUIPOS ILUMINACIÓN INTERIOR


Obxecto: É obxecto desta resolución a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de equipamentos de iluminación interior existentes, a que fai referencia a Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de sub­vencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, publicada no DOG n.º 12, do 19 de xaneiro.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as comunidades ou mancomunidades de veciños, as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado (propietarios de vivendas ou edificios do sector terciario, empresas de servizos enerxéticos, empresas municipais da vivenda,…) sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3º se realice en vivendas, edificios de vivendas ou edificios terciarios da súa titularidade sitos na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de persoas xurídicas de dereito público ou privado deberán ter o domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata o 22 de outubro de 2011.

Enlaces relacionados:
Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se procede á súa convocatoria. 

PLAN RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS


Obxecto: Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a reducir o consumo de enerxía eléctrica no sector doméstico, a través da substitución de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas, fornos e placas de indución e de gas por equipamentos con etiquetaxe enerxética de clase A ou superior segundo o establecido no artigo 3, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia que adquiran un equipamento dos mencionados no artigo 3 e que se instale na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que se publiquen no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Este convenio estará en vigor o día seguinte ao da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2011.
 

miércoles, 14 de septiembre de 2011

PREMIOS INNOVA-G 2011

II Edición Premios INNOVA-G 2011

Organiza
Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC)
Obxecto
Os premios INNOVA-G dirixidos a recoñecer o talento e a valía das empresas tecnolóxicas galegas, de internet e contidos dixitais, os seus produtos ou servizos, os seus proxectos 2.0 así como os emprendedores e as start-up galegas con maior proxección.
Dirixidos
 Empresas galegas que cos desenvolvementos tecnolóxicos, proxectos en Internet e contidos dixitais, fan que Galicia estea á vangarda TIC.
Categorias:
Mellor start-up galega
Mellor emprendedor/a galego/a TIC 2.0
Mellor campaña social media
Mellor desenvolvemento 2.0
Mellor aplicación para dispositivos móviles
Mellor deseño para todos
Mellor desenvolvo centrado nos cidadáns
Mención de honor a entidades pola súa labor en impulsar a sociedade da información
Mención de honor pola súa difusión TIC
Participación:Poderanse rexistrar as candidaturas desde o 12 de Setembro de 2011, ata o 26 de Setembro de 2011 ás 12:00 horas.
O período de votacións empezará o 27 de Setembro de 2011 e terminará ás 12h do 10 de Outubro de 2011.
O 11 de Outubro de 2011 coñeceranse os premiados polos internautas e polo xurado a través da web oficial dos premios
A entrega dos premios  realizarase o día 14 de Outubro de 2011 en Santiago de Compostela, na Sala de Conferencias do Centro Social Novacaixagalicia (Praza de Cervantes, nº 17) ás 12h.
Máis información
Toda a información en: http://www.premiosinnovag.org/bases
Gañadores da anterior edición
Fotos da entrega de premios da anterior edición
Segue os premios en facebook e twitter

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA


Obxecto: Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética, tal e como se definen por sectores de actividade nas epígrafes do anexo I, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos.
Beneficiarios: Poderán obter a condición de beneficiarios as persoas e entidades especificadas para cada unha das liñas de axudas no anexo I destas bases, que se referirán a todos ou parte dos seguintes supostos xerais:
a) As persoas físicas maiores de idade ou emancipadas que teñan plena capacidade de obrar.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos.
c) As empresas que teñan contratada a xestión enerxética de inmobles e instalacións de titularidade pública ou privada, e que o obxecto dos correspondentes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. O pagamento dos servizos que prestan as ditas empresas baséase na obtención de melloras de eficiencia enerxética e no cumprimento dos demais requisitos de rendemento convidos. Contarase, en todo caso, co visto e prace do titular do inmoble ou instalación, por se dese lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes.
d) Os distintos tipos de administracións públicas.
e) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica. Nestes casos, deberase facer constar expresamente tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Fundacións, asociacións, comunidades de bens ou calquera tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen ánimo de lucro, tales como comunidades de propietarios, comunidades hereditarias ou en xeral entidades de base patrimonial que, aínda carecendo de personalidade xurídica, conten cunha administración común para levar a cabo a actuación para a que solicitan a subvención.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata o 15 de novembro de 2011.

AXUDAS EN ESPECIE NO SECTOR DE CANLE DE DISTRIBUCIÓN DA INDUSTRIA EDITORIAL


Obxecto: As axudas en especie obxecto desta Convocatoria consisten na posta a disposición dos autónomos e pemes beneficiarios, da «Solución Xestión de Punto de Venda», e comprenderán os medios técnicos, os equipos informáticos e o software necesario para a implantación da solución, así como o asesoramento e a asistencia correspondente para proceder á devandita implantación, tal e como se describen na Base sexta da presente Convocatoria.
Beneficiarios: Para poder concorrer ao procedemento de concesión das axudas en especie deste Proxecto Demostrador, os solicitantes deberán ser autónomos e pemes que cumpran, e acrediten mediante documentación correspondente, todos e cada un dos seguintes requisitos específicos:
a) Dispoñer dun contrato de conexión a Internet de Banda Ancha, así como de dirección de correo electrónico, durante o período establecido no punto 2 da Base novena.
b) Ter un equipo de entre 0 e 9 empregados.
c) Ter un volume de negocio anual ou un balance xeral anual que non exceda de 2 millóns de euros.
d) Desenvolver a súa actividade principal no sector de canle de distribución da industria editorial (comercio polo miúdo de libros, xornais e papelaría) (CNAE 2009: 4761 Comercio ao por menor de libros en establecementos especializados e 4762 Comercio ao por menor de xornais e artigos de papelaría en establecementos especializados).
e) Ter unha antigüidade mínima de dous (2) anos dende a súa constitución. O devandito prazo resulta imprescindible para medir obxectivamente a produtividade inicial consolidada da empresa e a produtividade final despois do Proxecto Demostrador.
f) Non estar incurso en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, Xeneral de Subvencións.
g) Non se tratar dunha empresa de natureza pública ou con conxunto de accionistas da devandita natureza
h) Que o seu domicilio social estea establecido nalgunha das seguintes Comunidades Autónomas: Andalucía, Canarias, Comunidade Valenciana, Extremadura, Castela La Mancha, Asturias, Galicia ou Castela e León.
2. Os solicitantes deberán achegar a correspondente certificación de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata o 19 de outubro de 2011.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


 Obxecto: Establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social que xestionen os centros do tipo expresado no artigo 3, letras a), b) e c) da Orde do 25 de xaneiro de 2008, pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, isto é: albergues, centros de acollida e inclusión e comedores sociais.
 Beneficiarios: Poderán solicitar as subvencións reguladas nesta orde as entidades de iniciativa social referidas no artigo anterior, sempre que se atopen debidamente inscritas con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro (DOG n.º 218, do 14 de novembro), e pola Orde do 5 de febreiro de 1996 (DOG n.º 35, do 19 de febreiro), que desenvolve o anterior, e cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Será requisito previo ao outorgamento das subvencións a obtención da autorización para o inicio de actividades, prevista no Decreto 143/2007, do 12 de maio (DOG n.º 147, do 31 de xullo), polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais.
3. No suposto de entidades que recibiran subvención da Xunta de Galicia para mantemento de centros ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2010 (DOG n.º 15, do 24 de xaneiro de 2011), será requisito previo para a concesión da subvención a presentación do balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o exercicio anterior, a que se refire o artigo 15.5 (anexo V).
4. As entidades que accedan a esta convocatoria deberán dedicarse con carácter preferente, en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións recollidas no artigo 1.
 Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata o 8 de outubro de 2011.

lunes, 5 de septiembre de 2011

BANDO

                       BANDO

D. JESÚS MANUEL NÚÑEZ DÍAZ, Alcalde-Presidente do Concello de AS NOGAIS (Lugo),


F A G O     S A B E R:


 Está aberto o prazo para solicitar ás axudas  autonómicas  para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.



Para máis información achegarse ás Oficinas do  Concello en horario de 8 a 15 h de luns a venres.



Dado en As Nogais, a 5  de setembro  de 2011

O ALCALDE


MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN


 

XEFATURA DO ESTADO

AXUDAS PARA A MELLORA DA COMPETITIVIDADE DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS GALEGAS

SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN NO COMERCIO RETALLISTA GALEGO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Obxecto:  Regular o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego e as condicións de colaboración (anexo I). As entidades colaboradoras actuarán como canle entre os/as beneficiarios/as e a consellería nos termos establecidos nesta orde. Tendo en conta que as entidades colaboradoras van ser persoas suxeitas a dereito privado, a selección realízase mediante un procedemento sometido aos principios de publicidade, concorrencia, igualdade e non-discriminación e a colaboración formalizarase mediante convenio.
 Así mesmo, por medio desta orde apróbanse as bases reguladoras das ditas subvencións e procedese á súa convocatoria para o ano 2011 (anexo II) e ten por obxecto promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego, mediante a adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes retallistas galegos para o ano 2011.
 
Beneficiarios:  Para os efectos do ANEXO I,  entenderase por entidade colaboradora as empresas privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os/as empresarios/as individuais que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo en Galicia, que realicen actividade económica con ánimo de lucro relacionada coas accións que se fomentan a través desta orde e que acrediten os requisitos de solvencia técnica, económica e de eficacia, recollidos nesta orde e nos seus anexos.
 Non poderán acadar a condición de entidade colaboradora as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de entidade que, aínda que realice actividade empresarial, careza de personalidade xurídica propia.
As entidades colaboradoras adheridas non poderán en ningún caso ser beneficiarias das subvencións convocadas nesta orde.
Para acceder á condición de entidade colaboradora, as entidades solicitantes deberán asumir os compromisos establecidos para este fin, así como reunir os requisitos e demais condicións establecidos nesta orde e nos seus anexos.
Mais información:
 a) Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/), a súa epígrafe de subvencións e na oficina virtual.
b) O teléfono 981 54 55 97/981 54 55 07 e o fax 981 54 55 41 da dita dirección xeral.
c) O enderezo electrónico: cei.dxcomercio@xunta.es
d) Presencialmente.
 Para as axudas do ANEXO II, poderán solicitar e beneficiarse das subvencións para as actuacións subvencionables recollidas no artigo 4 das bases desta convocatoria, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, os/as comerciantes que realicen a súa actividade única e exclusivamente como comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, e as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que teñan domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia e que, entre outros requisitos, estean incluídos dentro das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo IV desta orde, e non estar dados de alta noutras epígrafes distintas ás recollidas no citado anexo. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Para entidades colaboradoras serán en réxime de concorrencia competitiva ata o 30 de setembro do ano 2011.
Para as axudas do ANEXO II, serán en réxime de concorrencia non competitiva ata o 10 de novembro de 2011, ou ata que se esgote o crédito orzamentario se se produce este esgotamento en data anterior.

martes, 23 de agosto de 2011

AXUDAS PARA A MELLORA DA COMPETITIVIDADE DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS GALEGAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción.

Obxecto: Modificación das bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, aprobadas mediante a Orde do 23 de setembro de 2009 (DOG n.º 191, do 29 de setembro), e proceder á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o exercicio orzamentario de 2011.
 Beneficiarios:  Segundo o tipo de titular -persoa física, xurídica ou comunidade de bens- e as características da explotación, será a seguinte:
1. En todos os casos a persoa solicitante deberá:
a) Ser titular dunha explotación agraria que teña cantidade de referencia asignada  ao inicio da campaña láctea en vigor.
b) Presentar un plan de mellora da competitividade da súa explotación conforme o indicado no artigo 4º.
c) Presentar documento de compromiso de exercer a actividade agraria na produción de leite na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data da concesión da axuda, así como cumprir as normas aplicables exixibles.(Este compromiso será sometido a seguimento mediante a comprobación de se a explotación do beneficiario ten asignada cantidade de referencia na produción de leite nese período de tempo).

d) Acreditar a súa viabilidade económica na produción de leite de vaca, de acordo coa marxe neta establecida pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria para esta orientación produtiva, e tendo en conta que unha explotación é viable economicamente cando a súa renda unitaria de traballo non sexa inferior ao 20% da renda de referencia. Tamén se considerarán viables as explotacións clasificadas como prioritarias de conformidade co establecido no Decreto 253/2008, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
e) Xustificar estar ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non ten ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.
g) Non ter sido sancionado polo incumprimento da normativa relativa ao saneamento gandeiro, da normativa vixente en materia de calidade do leite cru nos tres anos anteriores á data de solicitude de axuda, e estando acollido a un programa de calidade do leite, non se detectasen incumprimentos sobre este nos controis realizados sobre o terreo que desen lugar á exclusión das axudas do pagamento adicional lácteo do ano anterior ao da convocatoria destas axudas.
h) Acreditar un volume de emprego de polo menos unha UTA, o cal se efectuará de acordo co establecido no artigo 13 do Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
i) Posuír a capacitación profesional suficiente, o cal se deberá acreditar de acordo co referido no artigo 17 do Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
2. As persoas físicas titulares, ademais do indicado no número 1, deberán ter dezaoito anos cumpridos e non ter cumpridos os sesenta e cinco. O requisito da idade xustificarase mediante copia cotexada do DNI.
3. As persoas xurídicas, ademais das sinaladas no número 1, deberán:
a) Ter como actividade principal a agraria, para o cal deberán presentar os estatutos ou documento de constitución e a declaración do imposto de sociedades do último exercicio. Así mesmo, a procedencia agraria dos ingresos comprobarase en función das marxes brutas da orientación produtiva e das actividades económicas da explotación.
4. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, ademais dos requisitos sinalados no número 1, deberá presentar:
a) Os estatutos da comunidade e a súa acta de constitución.
b) Acreditar, por parte de, polo menos, o 50% dos comuneiros ou das comuneiras, que reúnen os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, para o que presentarán toda a documentación especificada no número 2 deste artigo (persoa física titular de explotación).
5. Así mesmo, cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens ou sociedade civil poderá resultar beneficiaria da axuda, coa condición de que cumpra as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3º da Lei 9/2007, de 13 de xuño, da subvencións de Galicia, polo que deberán facer constar expresamente, segundo o modelo do anexo II desta orde, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberán nomear un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle correspondan á agrupación e non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 da citada lei, para o que deberán acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade polo período citado.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 23/09/2011

Enlaces Relacionados
Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas, a través da redución dos custos de produción, e se convocan para o ano 2009.

miércoles, 17 de agosto de 2011

XORNADA: “OBRADOIRO DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO PARA PERSOAS EMPRENDEDORAS”

 
OrganizaA Unión de Cooperativas de Traballo Asociado – UGACOTA promove este obradoiro no marco da programación de actividades do Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Lugo, dentro da REDE EuSumo.
ObxectoO obxecto desta actividade é achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo. Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas. Ao remate da formación proponse unha visita a unha  cooperativa coa intención de visualizar na práctica o aprendido.
DestinatariosEsta actividade diríxese a poboación en xeral, en especial ás persoas desempregadas e persoas interesadas en emprender un proxecto empresarial.
Temario
Módulo1.-  O Cooperativismo.
Módulo 2.- Que é unha cooperativa?
Módulo 3.- Creando a nosa cooperativa.
Módulo 4.- Visita a unha cooperativa.
Data/sDende 29 de agosto ao 2 de setembro do 2011.
HorarioDe 9:30 a 14:30 horas.
LugarCentro de Desenvolvemento Cooperativo de Lugo, Praza Fonte dos Ranchos, s/n, entreplanta (contiguo á oficina Caixa Rural Urbana 2), Lugo.
NotasO proxecto Rede EuSumo é promovido pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, O Consello Galego de Cooperativas e outras entidades de economía social e fomento do cooperativismo.
Esta actividade é gratuíta.
Máis información
Patane García Méndez – UGACOTA
Travesía de San José, 10, Entrp. A 15002 A Coruña
Tel.: 881 887 456 / 697 877 773 / e-mail: patane@ugacota.org

martes, 9 de agosto de 2011

AXUDAS EN ESPECIE AO SECTOR TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA


Obxecto: As axudas en especie obxecto desta convocatoria consisten na posta a disposición dos autónomos e pemes beneficiarios, da «Solución de Xestión de Frotas», e comprenderán os medios técnicos, os equipos informáticos e o software necesario para a implantación da solución, así como o asesoramento e a asistencia correspondente para proceder á devandita implantación, tal e como se describen na base sexta da presente convocatoria.
Beneficiarios: Para poder concorrer ao procedemento de concesión das axudas en especie deste Proxecto Demostrador, os solicitantes deberán ser autónomos e pemes que cumpran, e acrediten mediante documentación correspondente, todos e cada un dos seguintes requisitos específicos:
a) Dispoñer dun contrato de conexión a Internet de Banda Ancha, así como de dirección de correo electrónico, durante o período establecido no punto 2 da base novena.
b) Ter un equipo de entre 0 e 49 empregados.
c) Ter un volume de negocio anual ou un balance xeral anual que non exceda de 10 millóns de euros.
d) Desenvolver a súa actividade principal no sector de Transporte de mercadorías por estrada (CNAE 2009: 4942: Servizos de mudanza; 4941: Transporte de mercadorías por estrada).
e) Ter unha antigüidade mínima de dous (2) anos dende a súa constitución. O devandito prazo resulta imprescindible para medir obxectivamente a produtividade inicial consolidada da empresa e a produtividade final despois do Proxecto Demostrador.
f) Non estar incurso en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, Xeneral de Subvencións.
g) Non se tratar dunha empresa de natureza pública ou con conxunto de accionistas da devandita natureza.
h) Que o seu domicilio social estea establecido na Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Que a empresa conte cunha frota de entre 4 e 30 vehículos de transporte por estrada de mercadorías da súa propiedade, cun peso máximo admitido superior a 3,5
Os solicitantes deberán achegar a correspondente certificación de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 03/10/2011.

jueves, 28 de julio de 2011

SUBVENCIÓN PARA INVESTIMENTOS INNOVADORES PARA O CRECEMENTO EMPRESARIAL


Obxecto: As subvencións recollidas nestas bases teñen por obxecto incentivar o desenvolvemento de actuacións que incidan na capacidade competitiva das empresas, e que incrementen a súa capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de innovación, así como a dotación específica de unidades de I+D como vía de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos, e a transferencia de tecnoloxía entre organización densas en coñecemento e orientadas á innovación.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 29 de agosto

SUBVENCIÓN PARA O APOIO AO CRECEMENTO EMPRESARIAL MEDIANTE O FOMENTO DA INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN EMPRESARIAL


Obxecto: Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados neste artigo, polas
 que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades, códigos de procedemento e anexos das bases:
– Apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas. IN841A. Anexo I.
– Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais. IN841B. Anexo II.
– Apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT). IN841C. Anexo III.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda. Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; a axudas á exportación nin a axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; a empresas activas na produción agrícola primaria; a empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primarios ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmente a produtores primarios.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 29 de agosto

SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (código de procedemento IN525A).
Obxecto: O obxectivo das subvencións reguladas nestas bases é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións. Trátase de impulsar a protección, non só das innovacións técnicas (invencións), senón tamén das innovacións de forma (deseños industriais) e de imaxe (signos distintivos).
Beneficiarios: Poderán acceder á condición de beneficiarios destas axudas as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que teñan o seu domicilio social ou algún centro produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os conceptos para os que solicitan a subvención teñan aplicación directa nestes centros produtivos.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 15  de Novembro de 2011.

viernes, 15 de julio de 2011

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTORAL DO PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN


 Obxecto: establecer as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Secretaría Xeral de Universi­dades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de apoio á etapa predou­toral, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C), e procede á súa convocatoria. O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG que contraten titulados/as superiores para a súa formación como doutores/as nos seus centros.
 Beneficiarios e solicitantes: Poderán ser beneficiarias das axudas desta convocatoria as universidades do SUG que contraten, por un tempo máximo de tres anos, os solicitantes seleccionados, a través dun contrato de traballo en prácticas ou, na súa falta, un contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o/a solicitante seleccionado/a quedará vinculado/a á universidade onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.
Poderán ser solicitantes das axudas de apoio á etapa predoutoral, co visto e prace da súa universidade, os/as titulados/as superiores que se vaian formar como doutores/as nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Prazo: ata o 15 de agosto para a presentación de solicitudes.

martes, 12 de julio de 2011

CURSO: PROMOCIÓN TURÍSTICA LOCAL E INFORMACIÓN AO VISITANTE

LUGAR: AS NOGAIS

DURACIÓN: 708 HORAS

DATA APROXIMADA DE COMEZO: 26 DE XULLO DE 2011

REQUISITOS BÁSICOS: BACHARELATO, FP II OU CICLO FORMATIVO DE GRADO SUPERIOR.

CERTIFICADO DE GALEGO: CELGA 4 OU PERFECCIONAMENTO

SITUACIÓN LABORAL: DESEMPREGADO

As persoas interesadas poden solicitar o curso antes do día 20 de xullo na Oficina de Emprego de Becerreá, ben de forma presencial, por correo electrónico ou por fax.

martes, 28 de junio de 2011

AXUDAS PARA XESTIÓN DE SUBPRODUTOS DE ORIXE ANIMAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
 Axudas destinadas ás explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos, para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano.

Obxecto: Bases reguladoras das axudas destinadas a explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos, para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados a consumo humano.  Axudas para a mellora da xestión técnica dos Sandach que se corresponden con catro liñas de axuda:
a) Axudas ás pequenas e medianas empresas agrarias.
b) Axudas a industrias agroalimentarias.
c) Axudas ao almacenamento e procesamento intermedio de subprodutos.
d) Axudas a plantas de transformación, destrución e valorización de subprodutos.
Beneficiarios: titulares de explotacións gandeiras, as industrias agroalimentarias, titulares de establecementos Sandach, de almacenamento e procesamento intermedio de subprodutos e titulares de establecementos de plantas de transformación segundo os requisitos estipulados para cada liña.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29 De xullo do ano 2011.

AXUDAS PARA O FOMENTO DA PRIMEIRA FORESTACIÓN DE TERRAS NON AGRÍCOLAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas

Obxecto: . Poderán ser obxecto de axuda aqueles terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) como:
– Forestal (FO).
– Pasto con arboredo (PA).
– Pasto arbustivo (PR).
Beneficiarios:  Os propietarios particulares, as sociedades e agrupacións dos ditos propietarios, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29 de xullo do ano 2011.

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Obxecto: Modificación do artigo 22 da orde de 25 de Marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e asesoramento nas explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010.
a) Poderán realizarse pagamentos á conta, os cales poderán supoñer a realización de pagamentos fraccionados que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas, e aboaranse por contía equivalente á xustificación presentada.
b) O importe conxunto destes pagamentos á conta non poderá ser superior ao 80% da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.
c) Os beneficiarios destas axudas das cales os pagamentos sexan superiores a 18.000 euros deberán constituír unha garantía bancaria ou unha garantía equivalente que corresponda ao 110% do importe do pagamento á conta.


miércoles, 22 de junio de 2011

IGAPE/PROGRAMA RE-IMAXINA


Obxecto: Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de tres liñas de financiamento subsidiado para facilitar o acceso ao financiamento nos investimentos das microempresas, dos emprendedores, e das pemes que melloren a súa competitividade:
Liña Microcréditos: créditos para financiar investimentos nas microempresas galegas.
Liña Peme xove: créditos para financiar investimentos en proxectos emprendedores galegos.
Liña Peme competitiva: créditos para financiar investimentos que permitan mellorar a competitividade das pemes galegas.
Beneficiarios: Pequenas e medianas empresas, persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Para cada liña de financiamento, establécense os seguintes requisitos adicionais:
a) Para a liña denominada Microcréditos poderán ser beneficiarias aquelas empresas con domicilio fiscal en Galicia, cun máximo de 10 traballadores e cunha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.
b) Para a liña denominada Peme xove poderán ser beneficiarias aquelas empresas que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia, e que ademais, non veñan desenvolvendo a mesma actividade para a que solicitan o financiamento nun prazo superior a dous anos contados desde a data de presentación no Igape, directamente ou mediante a súa participación no capital doutra sociedade que desenvolvese a mesma actividade.
c) Para a liña denominada Peme competitiva poderán ser beneficiarias aquelas empresas que veñan exercendo en Galicia por un período superior a dous anos algunha das actividades recollidas no anexo II destas bases.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro do ano 2011

XORNADA: “ DINAMIZADORES TIC 2011 “

 OrganizaAula Tic Pemes da USC-CEI-NODUS
ObxectoDifusión do proxecto de “Dinamizadores TIC 2011”  3ª edición  que permitiu que un grupo de alumnos de ADE e de FP de informática se incorporaran en empresas de Lugo para implementar ferramentas de software libre de xestión para pemes. A xornada permitirá coñecer a través dos propios beneficiarios do programa, os resultados que supuxo a participación no devandito proxecto e así ter a oportunidade de participar como beneficiario da próximo edición que se realizará na  convocatoria 2011-2012,
Data22 de xuño de 2011
Horario19:00 h a 20:00 h
LugarSalón de Actos del Cei-Nodus, Avda. Coruña nº 490
NotasGratuíta
Máis informaciónTl: 982 297 468,  a través da web http://www.cei.lugo.es/ ou ben a través do correo electrónico info@cei.lugo.es

SUBVENCIÓNS PARA CREACIÓN E MELLORA DE HOTEIS-BALNEARIOS E HOTEIS-TALASO

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Subvencións a entida­des privadas para incentivar o turismo mediante a creación e mellora de hoteis-balnearios e hoteis-talaso na Comunidade Autónoma de Galicia 

Obxecto: poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde, os seguintes investimentos:
Liña A) de axudas destinadas a proxectos de creación de hoteis-balneario e de hoteis-talaso.
Liña B) de axudas destinadas a proxectos de mellora, remodelación ou modernización das instalacións. existentes nos establecementos hoteleiros hoteis-balnearios e de hoteis-talaso.
Beneficiarios:  as empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos hoteleiros en que se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 das bases.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/07/2011

SUBVENCIÓNS PARA CREACIÓN E MELLORA ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS DO GRUPO I E CREACIÓN OU MELLORA DA OFERTA COMPLEMENTARIA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto: poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde, os seguintes investimentos:
Liña A) de axudas destinadas a proxectos de mellora, remodelación ou modernización das instalacións existentes dos establecementos hoteleiros -Obras destinadas a conseguir a elevación de categoría do hotel
-Obras destinadas á reconversión de cuartos en suites.
-Obras destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras para procurar facilidades a persoas con discapacidade física ou sensorial.
-Mellora de garaxes ou aparcamentos para uso exclusivo de clientes no mesmo predio onde se localice o establecemento.
-Ampliación ou mellora de instalacións dedicadas ao coidado da saúde
-Implantación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión nos establecementos
-Obras destinadas á renovación, tecnificación e innovación que conduzan á implanta­ción de sistemas de protección e mellora ambiental, tales como: mellor uso e depuración de augas, emisións atmosféricas, vertedura de augas, xeración e tratamento de residuos sólidos e non sólidos, contaminación acústica, substitución de materiais, etc.
Liña B) de axudas destinadas a proxectos de creación ou mellora da oferta comple­mentaria de servizos nos establecementos hoteleiros existentes (instalacións deportivas, recreativas ou de ocio, garderías, spa ...) e aqueloutras actividades destinadas especial­mente para público infantil e todas aquelas que a priori se revelen como susceptibles de xerar máis gasto e/ou maior estancia media dos viaxeiros.
As accións de mellora abranguen tanto actuacións de modernización e remode­lación de todas as instalacións hoteleiras como aquelas definidas para a creación ou mellora da oferta complementaria do establecemento.
Beneficiarios:  empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos hoteleiros nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 destas bases.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/07/2011
 

SUBVENCIÓNS PARA INCENTIVAR O TURISMO DE AVENTURA, ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto: Consi­deraranse investimento subvencionable as actuacións dos proxectos que se citan a seguir:
Liña A) Investimentos para a mellora das infraestruturas para actividades hípicas, náuti­cas, golf e oferta turística complementaria.
Liña B) Investimentos para a redacción de proxectos para a creación de campos de golf.
Liña C) Investimentos para a adquisición e/ou renovación de activos fixos (bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, centros BTT, etc.).
Liña D) Creación de novas ofertas e novos produtos así como a implementación de no­vas tecnoloxías para a xestión e comercialización do produto ofertado.
Beneficiarios:  As empresas (pemes) autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 destas bases.
Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse ao remate do prazo de presen­tación de solicitudes.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/07/2011

lunes, 13 de junio de 2011

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA


Obxecto: convocatoria de subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia. Liñas de axuda:
Liña A) Fomento de actividades turísticas
Liña B) Servizos básicos para a economía e a poboación rural
Liña C) Conservación e mellora do patrimonio rural
Beneficiarios:- Fomento de actividades turísticas: Asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural
- Servizos básicos para a economía e a poboación rural: Asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios. Concellos e mancomunidades de concellos consorcios e entidades dependentes das anteriores con participación maioritaria dos concellos
- Conservación e mellora do patrimonio rural: Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28/07/2011

SUBVENCIÓNS A EMPRESAS DE TURISMO

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Subvencións a establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis talaso, hoteis balneario, balnearios, cafetarías, bares, restaurantes, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre, co obxecto de implementar as correspondentes normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE)
Obxecto: convocatoria de subvencións a establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneario, balnearios, cafetarías, bares, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre para a implantación das correspondentes normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
Beneficiarios: os titulares dos establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneario, balnearios, cafetarías, bares, restaurantes, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre que conten con clasificación turística expedida pola Comunidade Autónoma galega e que estean comprendidos na definición de pequena ou mediana empresa
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13/07/2011

miércoles, 8 de junio de 2011

PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (EIL)


Obxectivo: convocatoria de incentivos ás empresas de inserción laboral, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo en Galicia. Son actuacións subvencionables:
- A contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.
- A contratación de xerentes ou técnicos necesarios para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa de inserción laboral.
- A contratación de técnicos expertos en accións de orientación e acompañamento á inserción.
- A realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario.
- A formalización de préstamos con entidades financeiras.
- A creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral.
Beneficiarios: as empresas de inserción laboral.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011

martes, 31 de mayo de 2011

AXUDAS A PEQUENA E MEDIANA EMPRESA E OUTRAS ENTIDADES PARA A ELABORACIÓN E IMPLANTACIÓN DE PLANS DE IGUALDADE

MINISTERIO DE SANIDADE, POLITICA SOCIAL E IGUALDADE


Obxecto: convocatoria de axudas destinadas a pequenas e medianas empresas e entidades de entre 30 e 250 traballadoras e traballadores que elaboren e implanten plans de igualdade para o fomento da igualdade efectiva de mulleres e homes
Beneficiarios: as empresas, sociedades cooperativas, comunidades de bens, asociacións e fundacións de entre 30 e 250 traballadoras e traballadores que, no ámbito das relacións laborais, adopten un plan de igualdade tendente a alcanzar na súa organización a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 20/06/2011

AXUDAS AOS TITULARES DE EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS PARA FACILITAR O ACCESO AO FINANCIAMENTO

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL Y MARINO 

Axudas aos titulares de explotacións gandeiras para facilitar o acceso ao financiamento

Obxecto: convocatoria de axudas destinadas a:
a) Sufragar o custo dos avais concedidos por SAECA, necesarios para a obtención de préstamos, destinados aos titulares de explotacións gandeiras, que debido a circunstancias extraordinarias, requiren urxente financiamento
b) Facilitar que os titulares dos préstamos concedidos para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias acorden coas entidades financeiras unha carencia de ata dous anos de duración na amortización dos citados préstamos.
Beneficiarios: os titulares de explotacións gandeiras, que subscriban préstamos con entidades financeiras avalados por SAECA
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31/08/2011

lunes, 30 de mayo de 2011

NORMATIVA/SOCIEDADES DE FOMENTO FORESTAL

AXUDAS EN MATERIA DE TRABALLO EN IGUALDADE DAS MULLERES

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia

Obxecto: convocatoria de axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas (pemes).
Liñas de axuda:
Liña I: axudas para a implantación de plans de igualdade.
Liña II: axudas para actuacións tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.
Liña III: axudas para os investimentos realizados polas empresas co fin de habilitar servizos de comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas, salas de lactación e instalacións análogas para garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
Beneficiarios: as pequenas e medianas empresas que teñan domicilio social en Galicia ou empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que, pola súa vez, teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, catro persoas.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27/06/2011