miércoles, 1 de diciembre de 2010

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

Orde ITC/3109/2010, do 26 de novembro, pola que se efectúa a convocatoria de axudas correspondente ao ano 2011 para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade dos sectores estratéxicos industriais para o período 2010-2011, no ámbito do sector de automoción
Obxecto: convocatoria de axudas para a realización de actuacións industriais cuxa finalidade sexa o mantenemento e mellora da competitividade do sector da automoción
Beneficiarios:a) Empresas do sector de automoción: Entidade privada, calquera que sexa a súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica e que estea validamente constituída no momento de presentar a solicitude de axuda, e que cumpra polo menos unha das seguintes condicións:
1. Empresas cuxa actividade principal estea comprendida nos códigos CNAE-2009: 29.
2. Empresas industriais cuxa actividade principal non está comprendida nos códigos CNAE anteriores, que poidan acreditar que polo menos o 60 por cento da súa facturación procede de empresas cuxa actividade principal está comprendida no código CNAE 29.
3. Centros técnicos de automoción que teñan personalidade xurídica propia dependentes das empresas referidas nos puntos 1 e 2 anteriores.
b) Agrupacións de interese económico, formadas por empresas das sinaladas como beneficiarias.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31/12/2010