martes, 30 de noviembre de 2010

MINISTERIO DE ECONOMÍA E FACENDA

AXUDAS DO IGAPE PARA O APOIO FINANCEIRO AOS INVESTIMENTOS DE PEMES

Axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do instituto de crédito oficial ao amparo de determinadas liñas ICO 2010.
Obxecto:  regular o contido e procedemento de tramitación das axudas consistentes nunha liña de subsidiación ao financiamento obtido, mediante a modalidade de préstamos, polas pequenas e medianas empresas que, cumprindo os requisitos destas bases, promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas ICO 2010 do Instituto de Crédito Oficial (ICO), seguintes:
-Liña ICO-Economía sustentable.
-Liña ICO-Investimento.
-Liña ICO-Internacional.
-Liña ICO-Emprendedores.
Beneficiarios:  autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas ou medianas empresas (pemes), que formalizasen operacións de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor destas bases, con cargo a algunha das liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO) sinaladas por un importe igual ou superior a 25.000 € e que cumpran coas condicións específicas establecidas nestas bases.
Prazo de presentación de solicitudes: 21 de xaneiro de 2011.

jueves, 25 de noviembre de 2010

PLAN RENOVE DE FIESTRAS

O fin deste plan é o de fomentar a redución do consumo de enerxía no sector doméstico a través da rehabilitación dos ocos acristalados de fachada, tanto no referente ó acristalamento como ós marcos ou perfís.

PLAN REMÓBLATE GALICIA

  • Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 600 € (excluíndo impostos).
  • A subvención máxima a percibir por persoa física será de 280 € nunha ou varias operacións.

PLAN DE VEHÍCULOS EFICIENTES 2010

RESUMO SUBVENCIÓNS OUTUBRO 2010

  • CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
    • Autoemprego
      • Iniciativas de emprego ILES-IER. Procedemento de cualificación e inscripción rexistral. Prazo de presentación : indefinido (DOG Nº18, do 27 de xaneiro do 2000)
    • Apoio a colectivos desfavorecidos
      • Programa de apoio ás traballadoras e traballadores afectados por expedientes de suspensión de contratos do sector textil e da confección. Prazo de presentación: data límite o 1 de novembro de 2010. (DOG Nº147, do 3 de agosto do 2010)
      • Subvención para os/as traballadores/as excedentes do sector textil  e da confección. Prazo de presentación: 3 meses contados desde o día seguinte da publicación da orde no DOG. (DOG Nº 149, do 5 de agosto de 2010)
    • Programas de cooperación
      • Subvencións para a contratación, por órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, de traballadores para a realización de obras e servizos de interese xeral e social. Prazo de presentación: finalizará o 22 de abril, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro de 2010. (DOG Nº54, do 22 de marzo do 2010).
      • Subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais. Prazo de presentación: finalizará o 3 de abril, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro do 2010. (DOG Nº40, do 1 de marzo do 2010).

  • INSTITUTO DE CRÉDITO OFICIAL
    • LIÑAS DE FINANCIACIÓN
      • Liña Ico-Inversión Nacional 2010.Vixencia ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.
      • Liña Ico-Inversión Internacional 2010. Vixencia ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.
      • Liña Ico-Liquidez 2010. Vixencia ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.
      • Liña Ico-Economía Sostible 2010.Vixencia ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.

  • IGAPE
    • IMPULSA LUGO.Plan de axudas para proxectos empresariais.(DOG Nº231, do 25 de novembro de 2009)
    • LIÑAS DE FINANCIAMENTO
      • Liña Microempresas 2009. Prazo de presentación finaliza o 30 de decembro 2010. (DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 Bases reguladoras) ( DOG Nº128, do 7 de xullo de 2010 Modificación prazo solicitudes).
      • Liña PEME Xove 2009. Prazo de presentación finaliza o 30 de decembro 2010. (DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 Bases reguladoras) ( DOG Nº128, do 7 de xullo de 2010 Modificación prazo solicitudes).
      • Liña PEME Competitiva 2009. Prazo de presentación finaliza o 30 de decembro 2010.  (DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 Bases reguladoras) ( DOG Nº128, do 7 de xullo de 2010 Modificación prazo solicitudes).
    • RE-EMPRENDE 2010- Proxecto de creación de empresas ou investimentos en empresas novas promovidas por novos emprendedores. Prazo de presentación finaliza o 30 de novembro de 2011. (DOG Nº65, do 8 de abril de 2010)
    • PRÉSTAMOS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA.
      • RE-SOLVE+: Apoio ao circulante. Prazo de presentación finaliza o 30 de decembro de 2010.(DOG Nº 182, do 21 de setembro de 2010)
      • RE-SOLVE+: Refinanciamento de pasivos. Prazo de presentación finaliza o 30 de decembro de 2010 (DOG Nº182, do 21 de setembro de 2010)